Normativa

A Unión Europea persegue que o consumo de bolsas de plástico lixeiro non biodegradable se reduza un 80% en 10 anos. Para logralo, os estados membros deben tomar medidas para alcanzar o obxectivo intermedio de rebaixar o 50% no uso das bolsas de plástico lixeiro non biodegradable en 2019; de modo que o consumidor gaste ao ano unha media de 90 bolsas e poder así achegarse á redución do consumo a 40 bolsas por persoa en 2025. En concreto, o Goberno de España aprobou o Real Decreto 293/2018, de 18 de maio, sobre redución do consumo de bolsas de plástico, que establece que:

Desde o 1 de xullo de 2018 está prohibida a entrega gratuíta de bolsas de plástico aos consumidores nos puntos de venda. Os establecementos poderán fixar libremente o prezo, aínda que se recomenda cobrar entre 5 e 15 céntimos, en función do espesor e a composición. Seguirán sendo gratuítas as bolsas grosas cunha porcentaxe maior do 70% de plástico reciclado e as moi lixeiras que se usan para alimentos a granel (bolsas de froita, etc.)

A partires do 1 de xaneiro de 2020 estará completamente prohibida a entrega de: calquera bolsa de plástico fragmentable, as bolsas grosas cunha porcentaxe menor do 50% de plástico reciclado e as bolsas de plástico lixeiras que non sexan compostables.

A partires do 1 de xaneiro de 2021 estará prohibida a entrega, gratuíta ou non, de calquera bolsa de plástico que non sexa compostable, incluídas as bolsas lixeiras e as moi lixeiras.

BOLSAS DE PLÁSTICO
Peixe
Bolsa moi lixera

MOI LIXEIRAS - MENOS DE 15 MICRAS

As bolsas de plástico moi lixeiras son aquelas que se ofrecen para a venda de produtos a granel, na sección de froitas e verduras ou na carnicería e na peixaría. Teñen menos de 15 micras de espesor, e son gratuítas por razóns de hixiene.


Bolsa lixera

LIXEIRAS - ENTRE 15 Y 50 MICRAS

As bolsas de plástico lixeiras son aquelas que teñen un espesor entre 15 e 50 micras, son as que se atopan na maioría de establecementos de todo tipo e utilízanse para transportar a compra. Xa é obrigatorio cobrar este tipo de bolsas.


Bolsa grosa

GROSAS - MÁIS DE 50 MICRAS

As bolsas de plástico grosas son as que teñen un espesor superior ás 50 micras, que son as que se utilizan habitualmente en tendas de roupa e outros establecementos. A partir do ano 2020 entra en vigor a obriga de que na súa composición integren como mínimo un 50% de plástico reciclado.