Consellos

A opción máis sostible fronte ás bolsas de plástico de usar e tirar é empregar bolsas e envases reutilizables e reciclables, xa que se alonga a vida útil dos produtos e proporciona unha redución de residuos e un aforro económico. Hoxe en día hai gran cantidade de alternativas que podemos usar fronte ás bolsas de plástico. Podemos levar a nosa propia bolsa, mochila, ou carriño.

Silueta de Peixe

Utilizando as bolsas plásticas recicladas de rafia, sería como usar 125 de plástico dun só uso e pódense usar 50 veces.
Tamén podes levar a facer as túas compras diarias unha mochila.

Bolsa de plástico Bolsa de plástico
12 min
Bolsa de rafia Bolsa de rafia
5 anos
Bolsa de tea Bolsa de tea
8 anos
Mochila Mochila
8 anos
Carriño Carriño
15 anos
Cesto Cesto
20 anos
Séguenlle os carriños da compra, cunha vida media de 15 anos, ou máis, se lles damos un uso razoable. As máis recomendables e beneficiosas para o ambiente son as bolsas de tea elaboradas con materiais naturais (algodón ecolóxico, coco…) e o clásico cesto (vimbia, cánabo, palma natural) de moi longa duración.
Froita
Para evitar empregar bolsas de sección no supermercado, podes adquirir bolsas de algodón, liño ou malla. Estas bolsas, ademais de ser moi lixeiras, son lavables e reutilizables durante anos e adoitan estar elaboradas con materiais orgánicos ou reciclados. Tamén podes levar o teu propio recipiente para a compra a granel naqueles establecementos que o teñan dispoñible.
Silueta de Gaivota