Concursos

Dentro das accións de sensibilización cara á cidadanía para a redución do consumo de bolsas de plástico dun só uso, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia convoca dous concursos, un deles para elixir un deseño destinado a servir como imaxe representativa das bolsas de tea que serán dispensadas gratuitamente en establecementos comerciais de Galicia, e outro para elixir o deseño de bolsas de merenda escolares, dentro das accións de promoción de alternativas ecolóxicas destinadas á redución do consumo de bolsas de plástico.

PAUTAS

Bolsas comerciais: Poderá participar no concurso o alumnado de Facultades de Deseño, Publicidade, Belas Artes e Escolas Superiores de deseño de Galicia, matriculados no momento de celebrarse este Concurso

Bolsas escolares: Poderá participar no concurso o alumnado de educación primaria de Galicia, matriculados no momento de celebrarse este Concurso.

Cada concursante pode enviar exclusivamente unha (1) proposta de deseño. Quen envíe máis dunha proposta non será considerado no Concurso.

O prazo de presentación comezará o día seguinte ao da publicación nesta web e finalizará o 28 de abril de 2019.

Consulta aquí as bases completas: Bolsas comerciais - Bolsas escolares

Silueta de Gaivota
Participa no concurso de Bolsas Escolares
Participa no concurso de Bolsas Comerciais